Manuel Regueiro Tenreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1943 Miño, España |
Morte | 30 de maio de 2019 (76 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor, político |
Manuel Regueiro Tenreiro, nado en Perbes (Miño) o 10 de maio de 1943 e finado en Lugo o 30 de maio de 2019,[1] foi un profesor, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o ensino secundario en Santiago de Compostela. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, doutorouse en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor en Soria, Salamanca, Lugo, Ferrol, Vilalba (instituto do que foi director) e novamente en Lugo. Foi subdirector xeral de Inspección e Reforma Educativa (1988-1989) e director xeral de Política Lingüística (1989-2000). Foi director do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Colaborou na publicación dos primeiros libros de texto en lingua galega: Introducción á Filosofía (Galaxia, 1979) e Historia da Filosofía (Galaxia, 1980). Foi fundador e membro do consello asesor da Revista Galega de Ensino.
Predecesor: Adolfo de Abel Vilela |
Director xeral de Política Lingüística 1989 - 2000 |
Sucesor: Xesús Pablo González Moreiras |
Obras
[editar | editar a fonte]- Modelo harmónico de relación lingüística: Estudio en Galicia, 1999.
- Ser cidadán, 2011. Con Miguel Ángel Martínez Quintanar.
- Saber convivir, 2011. Con Miguel Angel Martínez Quintanar.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Teresa Pérez González e foi pai de Francisco e Fernando Regueiro Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-6-2019, p. 44.